13 novembro 2025


A Asociación Cultural Radio Neria e a Deputación da Coruña renovan os equipos de Radio Neria.

A Deputación da Coruña concede unha subvención á Asociación Cultural Radio Neria para poder renovar parte dos equipos da emisora municipal de Corcubión. Esta axuda está englobada dentro do programa de subvencións da Deputación da Coruña ás entidades culturais sen ánimo de lucro. O montante da axuda ascende a case cinco mil euros, dos que a Deputación concede o 80%. 

24 outubro 2025


 A Asociación Cultural Radio Neria leva "A Radio na Escola" ao CEIP Vila de Cee

Desta vez tocoulle ao CEIP Vila de Cee. A Asociación Cultural Radio Neria, co patricinio da Deputación da Coruña fixo a súa primeira xornada de formación para os alumnos de 5º curso do CEIP Vila de Cee.
O proxecto que se está a levar a cabo é a formación do alumnado para que produzan un pódcast centrado nunha figura relevante no eido literario da Vila de Cee. O proxecto vaise realizar durante todo este trimestre culminando nun pódcast feito integramente polo alumnado do centro.
Este programa lévao a cabo a Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña dentro do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025

16 outubro 2025


 "A Radio na Escola" chega ao CEIP Mar de Fóra de Fisterra.

Esta semana, a Asociación Cultural Radio Neria estivo no CEIP Mar de Fóra de Fisterra, formando aos rapaces e rapazas de 6º de primaria para levar a cabo un pódcast sobre un autor o autora da vila. Este programa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e tamén estará presente en centros de infantil de primaria dos Concellos de Corcubión, Cee, Dumbría e Muxía.

09 outubro 2025


 A Asociación Cultural Radio Neria leva "A RADIO NA ESCOLA" ao CEIP Praia de Quenxe

Dando continuidade ao programa A RADIO NA ESCOLA, a Asociación Cultural Radio Neria visitou o CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Nesta xornada, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria asistiron a unha xornada de formación para levar a cabo un pódcast que gravarán no mes de decembro. 
Este programa trata de introducir a radio nos centros de ensino de primaria na comarca de Fisterra, poñéndoa en valor como ferramenta educativa. A RADIO NA ESCOLA é un programa organizado pola Asociación Cultural Radio Neria e conta coa financiación da Deputación da Coruña.

30 setembro 2025

                                    

    A ASOCIACIÓN CULTURAL RADIO NERIA PON EN MARCHA O PROXECTO "A RADIO NA ESCOLA"

Este luns 29 de setembro arrancou o proxecto "A RADIO NA ESCOLA", un programa posto en marcha pola Asociación Cultural Radio Neria e que conta coa financiación da Deputación da Coruña. Un proxecto que engloba aos centros de ensino de primaria de Corcubión, Cee, Fisterra, Muxía e Dumbría. Con este traballo preténdese poñer en valor o patrimonio cultural de cada un destes Concellos. O proxecto estará rematado antes do parón do Nadal. Os programas van ser emitidos en Radio Neria, a emisora municipal do Concello de Corcubión e subidos ás plataformas Ivoox e Spotify da propia emisora.