14/05/12

A radiOneria xa ten preparado o seu primeiro Festival

A emisora municipal de Corcubión, prepara xa o I Festival da radiONeria, para o sábado 9 de xuño no Salón de Actos da Casa da Cultura de Corcubión.

Será un acto que aglutinará a todas as forzas vivas de Corcubión. Unha gala con música, sorteos, baile, poesía... para desfrutar dos máis de 20 anos que levamos preto de ti.

Polo escenario pasarán as Pandereteiras "Millo Verde", o poeta Manolín, o grupo de Baile Nerio e a Coral Airiños de Quenxe, ademais da lectura dun fragmento de libro por Lola Solano e do broche final, que o porá Dolores Oliveira, que coa súa fantástica voz pechará este I Festival da RadiOneria.
Sen esquecernos, claro, dos múltiples premios que sortearemos gracias á colaboración de Carnicería Antelo.

O sábado 9 de xuño, non podes faltar ao I FESTIVAL DA RADIO NERIA, na Casa da Cultura de Corcubión ás 20:30h.

***Entrada gratuita***

30/04/12

O novo programa de cociña da Radio Neria chámase "A XANTAR"

Chega un novo de programa de cociña a Radio Neria. Neste espazo, Irma Rodríguez e Sagra Canosa nos achegarán as mellores receitas para cociñar a comida, e tamén algún que outro postre.

"A XANTAR!!!"

Cantas veces non dicimos esa frase? Pois agora imos repetila cada luns e cada venres ás 13.30h, no 107.8 do fm e a través de internet.

Presentado por:

Irma Rodríguez e Sagra Canosa

Horario de emisión:

Luns e Venres ás 13:30h

Descarga de programas:

28/03/12

Volta O Fantasma Accidental



Nova tempada do programa conducido por Jose Lemur.

Esta primaveira volta cun novo formato O Fantasma Accidental centrándose exclusivamente na música independente feita en Galiza. Soaran as bandas emerxentes de calquera xénero musical e darase conta da actualidade discográfica e dos concertos e festivais que acontezan na nosa xeografía.

A efervescente escea independente galega ten calidade e cantidade e é por iso que OFA será un programa de radio onde se fale e se escoite as bandas, solistas e ruidistas da terra.


21/12/11

Manolín presenta o seu novo libro de poemas en Corcubión



Manolín ten novo libro: "Os abismos do corazón". O seu segundo libro, e de novo, a poesía, a súa gran paixón alén do fútbol, é a protagonista.


Este venres, poderemos disfrutalo na súa esencia: recitando. Seguindo os parámetros de retransmisión do seu programa na radiONeria Realidade e Soños. Será no Recital poético-musical que ofrecerá este venres 23 de decembro de 2011, ás 20:15h na Casa da Cultura de Corcubión.


Non estara só o poeta costeiro. O acto será presentado polo xornalista muxián da Radio Galega, Xusto López Carril. Ademais, intervirá a cantautora María Dolores Oliveira, fillo do propio Manolín, que nos deixará degustar da súa voz e a súa guitarra coas cancións de toda a vida que tanto prestan ao seu pai.


Ademais, actuará o Grupo de Baile Nerio de Corcubión, que farán unha fermosa e novedosa escenificación do poema "A la izquierda del roble", de Mario Benedetti, un dos seus potas favoritos.



Máis información